+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

A NAO VITORIA REGRESA A BAIONA PARA DIFUNDIR A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO E A SÚA VINCULACIÓN COA VILA CON MOTIVO DO 525 ANIVERSARIO


A réplica do barco que culminou a maior aventura marítima da historia
A nao Vitoria arribará mañá ao Porto Pesqueiro de Baiona, onde abrirá as súas cubertas ao público durante este fin de semana, os días 22 ao 24 de xuño.
Trátase de réplica do navío que entre 1519 e 1522, logrou realizar a maior aventura marítima da historia: a Primeira Volta ao Mundo. Unha expedición de máis de tres anos que por primeira vez conseguiu abrazar o planeta, navegar os seus grandes océanos en toda a súa extensión e dar a coñecer o mundo en toda a súa dimensión.
Unha fazaña marítima sen parangón, da que sobreviviron tan só 18 homes que lograron culminala. Un deles, foi un mariño da vila de Baiona, Diego Gallego, ao que cabe a gloria de figurar nesta exclusiva nómina dos 18 homes que deron a Primeira Volta ao Mundo. Xunto a el, figuran ademais entre os 243 tripulantes que iniciaron a viaxe, cinco tripulantes da provincia de Pontevedra e nove galegos.
Toda esta historia e o navío que a protagonizou, poderá coñecerse no Porto Pesqueiro de Baiona durante este fin de semana os días 22 ao 24 de xuño, en que abrirá as súas cubertas ao público. Un navío de 26 metros de eslora e 7 de manga de piñeiro e carballo, onde os visitantes poderán admirar as súas formas, detalles e as condicións de vida dos tripulantes que fai case cinco séculos lograron rodear o planeta, e na súa adega experimentar as vivencias dos homes e mulleres que hoxe día compoñen a súa tripulación.
O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e o Concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas Lafuente serán recibidos a bordo da embarcación pola tripulación. Os mariñeiros realizarán unha visita polas instalacións aos presentes e á prensa.
Durante o acto Rodal, Costas e o capitán do navío, izarán a bandeira do 525 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona.
“O porto marítimo de Baiona recibirá  venres unha invitada moi especial. A reprodución do navío utilizado por Juan Sebastián Elcano para dar a primeira volta ao mundo atracará no peirao pesqueiro, xunto ao museo flotante, para conmemorar a noticia do Descubrimento traída a terra por Martín Alonso Pinzón en marzo de 1493. Deseñamos un completo programa de actividades para celebrar durante todo este ano o 525 aniversario do Descubrimento e esta é outra delas. Temos unha estreita relación coa Fundación Nave Vitoria e sempre están dispostos a colaborar con Baiona”, destacou o Concelleira de Actividades Marítimas. Ademais, adiantou que “nun futuro próximo a institución repetirá experiencia coa súa nova réplica da Nave Santa María, votada no pasado mes de marzo no porto de Punta Humbría”, acto no que Costas tivo a oportunidade de participar durante unha visita institucional ao poboo irmán de Palos de la Frontera. Unha viaxe que aproveitou tamén para seguir estreitando a súa relación coa Fundación e reunirse cos seus representantes para continuar levando a cabo futuras colaboracións.
A Nao Vitoria da gran xira que realizará durante este verán por varios portos do norte de España, difundindo a Primeira Volta ao Mundo e a participación nela de españois procedentes das distintas comunidades do noso país.

VISITAS PÚBLICO XENERAL:
Datas: 22 ao 24 de XUÑO
Lugar: PORTO PESQUEIRO DE BAIONA
Horario: 10:00 h.- 21:00 h.
Tickets: adultos 4€ / Nenos (5- 10 anos): 2 € / 10 € Familias (2 adultos + ata 3 nenos de entre 5- 10 anos)
Puntos de vendas: no barco ou na web: www.fundacionnaovictoria.org

Deja un comentario