+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

III ANDAINA DA LAMPREA


O pasado 17 de xuño tiña lugar a Andaina da que este ano vai pola súa 3ª Edición. Un total de 220 participantes poderon disfrutar da Gastronomia, Enoturismo, eo patrimonio cultural do Concello de Arbo.
Un total de 220 inscrición chegarón o concello de Arbo e participaron ese día na ruta marcada. O fin da de este evento non só nos leva a coñecer as rutas de sendeirismo que se converteron nunha boa fonte para mostrar os feitizos de cada zona, senón que ademais convidamos os participantes a degustar os produtos estrela da nosa gastronomía, a lamprea e os viños das nosas adegas con D.O. Rías Baixas.

As Pesqueiras, o sendeiro do Miño, a Ponte Romana entre outros lugares chamaron moito atención entre os participantes que rematarón coa visita o Centro de Interpretación Arabo e a posterior degustación de Lamprea e viño.

Dende o Concello de Arbo, queren agradecer aos senderistas e sintense moi satisfeitos coa alta participación acadada, e que cada edición atrae a máis xente de distintos concellos da Provincia de Pontevedra e do Pais veciño Portugal.
Para camiñar, Arbo…. A súa xeografía contén infinidade de camiños, carreiros e vías de comunicación hoxe recuperadas e rehabilitadas. O sendeirismo en Arbo, busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais tradicionais.

Deja un comentario