+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Xullo de 2018

A FESTA DA LAMPREA TRASPASA AS FRONTEIRAS DO CONTINENTE EUROPEO.


Arbo, a lamprea, as súas receitas, a pesca e a Festa da Lamprea, causan gran expectación en China, tras a visita dunha xornalista gastronómica dese país. O vídeo obtivo 500mil visitas na súa primeira hora de publicación.

A lamprea é un singular animal que segue espertando paixóns e curiosidades entre todos aquelas persoas que descobren a súa existencia.

O pasado mes unha xornalista China desprazábase ao noso Concello para realizar un programa de dúas horas sobre a Lamprea, a pesca, a gastronomía e a Festa da Lamprea, para o medio de comunicación online Pear vídeo. Pear Vídeo logrou unha cobertura completa de noticias de última hora e eventos de enfoque en diversos campos. Todas as canles de Pear Vídeo acumularon 1 millón de seguidores nas redes sociais chinesas.
O equipo de contido e operacións de vídeo de Pear está formado por membros experimentados de influentes medios chineses como ThePaper. cn e Xangai Media Group, entre eles correspondentes de guerra, cineastas documentais e geeks creativos da internet. O equipo técnico reúne a técnicos superiores das principais empresas da internet de China, incluíndo Baidu. A diversidade de equipos trouxo vitalidade fresca neste proxecto de vídeo curto, o programa gravado en Arbo conseguia 500mil visualizacións no seu primeiro lanzamento

 

Unha vez máis se demostra que Arbo é referencia deste vertebrado, o máis antigo do Planeta, e que podemos ter o orgullo de levar o sobrenome de Arbo Capital Mundial da Lamprea.

A lamprea esta especie milenaria convertíase no ano 1961 en símbolo identificativo de Arbo coa súa primeira Festa, declarada de interese Turístico Nacional no ano 2016 e que aspira a ser de Recoñecemento Interese Turístico Internacional, declara o Alcalde Horacio Gil, que tamén afirma que a visita da Xornalista e o interese de medios Chineses sobre a nosa Festa, é unha mostra do interese Que suscita a Festa no panorama tanto nacional como internacional…..

Deja un comentario