+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

UN TOTAL DE 25 MOZAS E MOZOS SE FORMARÁN NA COMARCA DE VIGO A TRAVÉS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


As estadías laborais comezarán o vindeiro luns 2 de xullo nos concellos de Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos, O Porriño, Redondela, Salceda e Soutomaior

Un total de 25 mozos e mozas da provincia van realizar prácticas laborais na comarca de Vigo a través do Plan de Práctica Laboral 2018 posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. As estadías laborais comezarán o vindeiro luns 2 de xullo e prolongaranse durante seis meses, prorrogables por outros seis máis.

Tres persoas se formarán en Baiona, dúas en Gondomar, catro en Mos, tres en Nigrán, dúas en Pazos, catro en O Porriño, catro en Redondela, unha en Salceda e dúas en Soutomaior. Os graos máis demandados no Salnés foron Arquitectura, Historia da Arte, Información e Documentación, Psicopedagoxía, Educación Social, Relacións Laborais, Dereito, Traballo Social, Pedagoxía e Dirección e Xestión Pública e Traballo Social. En canto aos ciclos formativos, aqueles de maior demanda foron Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e Xestión Forestal e do Medio Natural.

En total, o Plan de Práctica Laboral permitirá que un total de 146 mozos e mozas se beneficien este ano desta iniciativa: 105 estarán en 57 concellos da provincia e 41 realizarán as súas estadías laborais na Deputación de Pontevedra. Nos servizos da Administración provincial, as prácticas laborais desenvolveranse no Centro Príncipe Felipe, no Museo de Pontevedra, nos Servizos Lingüísticos, en Medio Ambiente, na Finca Mouriscade, na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en Arquitectura, en Comunicación Institucional, en Novas Tecnoloxías, en Cooperación, en Asistencia Intermunicipal, en Cohesión Social e Xuventude, en Promoción do Emprego e en Turismo Rías Baixas.

O obxectivo desta iniciativa é que mozos e mozas da provincia con titulacións universitarias ou ciclos superiores de formación profesional accedan a estadías laborais en concellos e na Deputación para mellorar e acrecentar a súa experiencia laboral. Este ano, os bolseiros e bolseiras con titulación universitaria percibirán 840 euros ao mes e as persoas de ciclos superiores de formación profesional recibirán 740 euros ao mes, 40 euros máis que en 2017.

Deja un comentario