+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA DEFENDE O PAPEL DAS DIPUTACIÓNS COMO PRESTADORAS DE SERVIZOS NOS TERRITORIOS RURAIS NO CUMIO DA FEMP EN SALAMANCA


A Presidenta da Deputación de Pontevedra impulsa unha declaración institucional para reclamar o papel das institucións provinciais no desenvolvemento da Axenda Urbana Europea e Española

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, defendeu o papel das institución provinciais como entidades prestadoras de servizos e, incluso como garantes da supervivencia das zonas rurais, como entes agrupadores dos pequenos concellos. Así consta na declaración institucional que foi aprobada hoxe no cumio da comisión de deputacións e cabildos da Federación Estatal de Municipios e Provincias que reuniuse en Salamanca.

Nesta declaración, presentada por Carmela Silva, indícase que os obxectivos do desenvolvemento sostible (ODS), vanse a incluír nos programas da Axenda Urbana Europea e na Axenda Urbana Española, que vai ser impulsada polo novo Ministerio de Fomento, e que terá un peso moi importante nas fixacións dos obxectivos dos novos fondos comunitario da Unión Europea do período 2021-2017. En concreto, a comisión da FEMP quere se inclúa no proxecto de Axenda Urbana Europea, o recoñecemento das áreas das cidades intermedias e máis pequenas como un dinamizador territorial de primeiro orde. A denominada Axenda Urbana Europea é un conxunto de medidas para impulsar por parte das autoridades comunitarias a implicación das autoridades municipais na consecución dos obxectivos dun desenvolvemento máximo das areas urbanas e a súa colaboración do deseño das mesmas accións.

No que respecta a Axenda Europea, Silva subliñou que a declaración basicamente quere que as deputacións e os cabildos teñan o papel de entidades prestadoras de servizos das pequenas poboacións e, incluso como , garantes da supervivencias dos territorios locais “redefiníndose no próximo regulamento FEDER, o concepto de Área Funcional de Intervención Territorial de forma que os organismos locais intermedios poidan ser un auténtico agregador e xestor de intereses compartidos dos pequenos concellos”.

Por último, a declaración institucional da FEMP subliña que os fondos comunitarios do novo período 21-27, sexan plenamente vixentes tamén para os territorio cun carácter máis rural, algo no que a Presidenta da Deputación de Pontevedra ven insistindo dende os distintos foros de representación nos que participa.

Igualmente, Carmela Silva propuxo no cumio da FEMP de deputacións, que se eleve á xunta de goberno da Federación a solicitude para que a institución que agrupa as concellos de todo o país intégrese na Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios(CEPLI) na que participan diversos países membros da Unión Europea como Francia, Polonia, Alemaña, Italia, Bulgaria ou Hungría, entre outros. “A suma de sinerxias é o mecanismo que nos axudará a acadar un mellor posicionamento en Europa en relación ao novo marco comunitario do horizonte 21-27”, subliñou a Presidenta.

Por outra parte, Carmela Silva tamén presentou os proxectos que desenvolve a Deputación de Pontevedra no seu territorio para evitar o despoboamento e o fomento do emprego nas zonas rurais, que servirán de exemplo no próximo congreso que se vai celebrar en outubro deste ano en Palencia en materia de despoboamento. Silva citou os plans de reequilibrio territorial de 2017 e 2018 para os concellos de menos de vinte mil habitantes, que puxo a disposición dos concellos preto de 20 millóns de euros para proxectos singulares e como xeito de vertebrar a provincia.

O proxecto Depoverde, as axudas ao sector agrogandeiro, o proxecto Protura, as axudas para o sector forestal ou as becas de práctica laboral son iniciativas para o desenvolvemento das zonas máis rurais da provincia que únense a posta en marcha de servizos para os concellos máis pequenos da provincia como a implantación da administración electrónica, o novo servizo de contratación electrónica ou a implantación do padrón por vía telemática, entre outros que foron postos como exemplo por Carmela Silva na súa intervención.

Deja un comentario