+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

ASÍNASE POR PRIMEIRA VEZ UN CONVENIO ENTRE O CONCELLO E O CONSELLO REGULADOR RIAS BAIXAS PARA A FESTA DO ALBARIÑO


  • Somos conscientes da importancia da Festa do Albariño para todos os sectores de Cambados e queremos que o siga sendo.

Na mañá deste venres celebrouse no Salón de Plenos do concello de Cambados a firma dun convenio para a festa do Albariño 2018, sendo a primeira vez na súa historia que sucede.

Con esta firma que tivo lugar entre a alcaldesa Fátima Abal e o Presidente do Consello Regulador Rias Baixas, D. Juan Gil de Araujo, regúlase o que vén sendo a festa máis multitudinaria e popular de toda a comarca do Salnés, como é a Festa do Albariño.

Neste acto celebrado con cordialidade, ambos os asinantes quixeron destacar, a boa relación que existe entre o concello de Cambados coa súa alcaldesa á fronte e o Consello Regulador, como non pode ser doutra maneira, acalando así as voces díscolas que nos últimos meses afirmaban todo o contrario, demostrándo como hai que facelo diante de todos os veciños e por escrito ratificado coas nosas firmas.

A alcaldesa na súa intervención quixo agradecer ao señor Juan Gil a súa presenza e compromiso nun tema nada baladí como é a Festa do Albariño de Cambados “Somos conscientes da importancia da Festa do Albariño para todos os sectores de Cambados e queremos que o siga sendo, polo ben de todos os veciños e veciñas e por suposto tamén daqueles que se achegan a gozar deste evento nestas datas”.

Na intervención de D. Juan Gil dixo mostrarse totalmente de acordo coa alcaldesa de Cambados Fátima Abal e engadiu “todos os membros do pleno cremos na importancia desta festa como promoción das adegas de viño e por iso estamos aquí”.

Desde o consello regulador esperan e desexan ter unha gran colleita para poder estar á altura dun evento tan importante como é a Festa do Albariño, debido a que como moi ben di Juan Gil, esta alcaldesa cada ano ponllo máis difícil, ao estar a dinamizar tanto o turismo en Cambados que está a lograr que cada vez haxa máis visitantes a esta festa e por tanto a necesidade de ter moito máis produto para comercializar e servir.

A alcaldesa pechou o acto agradecendo a todos os sectores que teñen vinculación directa ou indirecta co viño, o seu compromiso e axuda e moi especialmente a todas as cambadesas e cambadeses pola súa complicidade e paciencia nunhas festas que de seu son multitudinarias, espero que as gocemos e devolver a Cambados o sitio que se merece na Provincia de Pontevedra.

Deja un comentario