+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Xullo de 2018

REI ZENTOLO REDESEÑA O MERCHANDISING DA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO


A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo e a marca téxtil asinan un convenio de colaboración para comercializar durante tres anos unha liña específica de camisetas, sudadeiras, mochilas e gorras da Rapa

 

A coñecida marca téxtil galega Rei Zentolo acaba de redeseñar e vai comercializar durante os vindeiros tres anos as prendas e artigos de merchandising da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) en virtude do acordo de colaboración que vén de asinar coa Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.

 

Ademais de renovarse o deseño das tradicionais camisetas da Rapa, Rei Zentolo tamén producirá e porá á venda outras prendas e produtos, como sudadeiras, mochilas e gorras, que se poderán mercar tanto nas tendas da súa rede comercial como a través da web www.reizentolo.es, no teleclub de Sabucedo e nos postos de venda que se habilitarán durante a Rapa.

 

Segundo o pactado, os prezos de venda dos artigos serán os seguintes: as camisetas, 12 euros; as sudadeiras, 25 euros; as mochilas, 12 euros; e as gorras, 12 euros.

 

En canto aos ingresos que xeren as vendas destes produtos, o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, salienta que “Rei Zentolo doará á asociación a metade dos beneficios de cada produto vendido, unha cantidade que se destinará á mellora das condicións de vida dos cabalos e eguas salvaxes nos montes da contorna de Sabucedo, principalmente á realización de desbroces, a preparación de zonas de pasto, ao desenvolvemento de tarefas de prevención contra incendios e á desparasitación dos animais,
entre outros traballos”.

Deja un comentario