+034 986 09 02 04 Xoves 19 de Xullo de 2018

BAIONA RECIBE AOS MOZOS DO INTERCAMBIO DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA


A Concelleira de Benestar e Igualdade, Mª Carmen Paredes, recibiu no Concello a un grupo de mozos que participan nun intercambio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

A Concelleira deu a benvida aos mozos e animounos a gozar do municipio. Ata Baiona viñeron un total de 27 mozos procedentes do ou Polo tecnico Professionale I.I. S Venier dei Venezia, Italia.

O Departamento de Turismo do Concello de Baiona preparoulles unhas bolsas con información turística do lugar que se entregaron a cada un dos mozos e aos seus profesores acompañantes.

Tras a visita ao consistorio baionés os mozos fixeron un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da Real Vila como o Parador, A Fortaleza de Monte Real e o Centro histórico, para terminar, como broche final da visita, cun percorrido pola Casa da Navegación de Baiona e polo museo flotante da Carabela Pinta.

 

A visita a Baiona forma parte da programación que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia organiza aos estudantes que participan nos intercambios xuvenís na Comunidade.

Enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén Galicia con distintas entidades noutros países, celébranse entre os días 24 de xuño ao 1 de xullo, dous intercambios de mozos de Venecia con mozos dos Concellos de Santa Comba e de Báñaa.

Entre os obxectivos dos intercambios atópanse o de facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal. Ao longo da semana os estudantes realizaron diferentes actividades relacionadas uns co medio ambiente, e outros con patrimonio histórico. Na primeira semana de setembro do 2 ao 9 outros tantos xoves de Santa Comba e da Baña habían realizarán o intercambio en Venecia.

Deja un comentario