+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

DEZAOITO PODIOS PARA ASOCIACIÓN DEPORTIVA AVANZA NUN FIN DE SEMANA PASADO POR AUGA


A semana comezaba coa desilusión de coñecer como a federación galega de ciclismo non contaba con ningún integrante da Asociación como seleccionados para participar no campionato de España de Ciclismo en idade escolar a celebrar entre os días 6 e 8 de xullo na localidade ourensá de Baños de Molgas, a pesar da regularidade que demostran moitos dos integrantes da escola semana tras semana nos postos de podio.

Como resposta a federación os integrantes da Asociación conseguían a pasada fin de semana estar presentes en catorce postos de podio nas distintas probas celebradas mais catro posto de podio na clasificación xeral do TROFEO FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO.

Os primeiros podios chegaron na quenda do sábado onde as categorías superiores desprazáronse ata o concello coruñés de Cambre para disputar XVIII GP CONCELLO DE CAMBRE, onde a categoría cadete acadaba dous podios de mans de Sergio Lorenzo que cruzaba a liña de meta en segunda posición acompañado no terceiro posto do podio polo seu compañeiro de Asociación David Fernández .Aínda que fora de postos de podio compre destacar o bo papel de Álvaro Romero e Gabriel Conde sétimo e oitavo respectivamente. Xa na categoría Master 30 Luís Fernández Oliveira conseguía unha mais que merecida e loitada terceira posición. O concello de Cambre poñía o peche a tempada de XCO onde varios dos integrantes da A. D. Avanza estiveron presentes nos podios da clasificación xeral do TROFEO FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO na que na categoría cadete a Asociación deportiva Avanza conseguía un triplete xa que en primeira posición nos atopabamos a Xoel Montes, segunda posición David Fernández e en terceiro posto Sergio Lorenzo. Na categoría Júnior a asociación contou coa segunda posición de Óscar Fernández.

Tamén na xornada do sábado na localidade pontevedresa de Vilaboa disputouse o CAMPIONATO DE GALICIA DE DHI onde Senén Barros proclamouse campión galego no seu primeiro ano de competición.

Seguindo na xornada do sábado pero desprazándonos ata a localidade de Redondela onde tiña lugar o III G.P. CONCELLO DE REDONDELA onde Nerea Soto conseguía o terceiro posto do podio na modalidade de Ginkana, na categoría alevín masculino Haritz Serrano conseguía un merecido terceiro posto.

Na categoría infantil fémina a integrante da asociación Uxía Soto conseguía subir o mais alto do podio o amosar a súa fortaleza sobre as dúas rodas conseguindo entrar co grupo de cabeza da categoría infantil masculino.

Na xornada do domingo o parque do pasatempos da localidade coruñesa de Betanzos converteuse no escenario da V MINI BTT CONCELLO DE BETANZOS que con preto de cincocentos bikers marcaba o récord de participación das probas de mini Btt celebradas ata o momento.

Na categoría promesa fémina Nerea Soto repetía podio pero esta vez conseguía subir o mais alto. Tamén na categoría promesa pero a masculina o seu compañeiro de equipo Guillermo García cruzaba a liña de meta en terceira posición.

O seguinte podio non chegaría ata a categoría alevín masculino onde Haritz Serrano o igual que o día anterior subía o podio pero esta vez en segunda posición, nunha brillante actuación nun terreo esbaradizo.

A categoría de infantil convertíase nesta xornada de domingo na categoría que mais podios conseguía para a escola, na categoría infantil masculino os biker Andrés Valverde e Iván Fernández conseguín cruzar a liña de meta en primeiro e terceiro lugar do podio, categoría na que Andrés Valverde e Alex Esperón do Poio Bike Club brindaban o público asistente un final de infarto no que Andrés Valverde gañaballe as costas do corredor do Poio Bike Club nos últimos metros.

Tamén na categoría infantil pero esta vez na categoría fémina a biker Uxía Soto que viña de facer primeira o día anterior no concello Redondela repetía en Betanzos subindo o mais alto do podio o impoñerse con autoridade pechando o fin de semana perfecto, sumando o seu palmares dos novos podios nunha tempada case perfecta, dez de dez podios en primeira posición no circuíto galego de Mini BTT e tres primeiros postos e un segundo na modalidade de estrada. Tamén na categoría infantil fémina Laura Mira conseguía unha loitada terceira posición nun circuíto que por momentos parecía unha pista de patinaxe debido as intensas chuvias que marcaron esta mañá de domingo.

Deja un comentario