+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

PONTE CALDELAS LEVA A MÚSICA CORAL POLAS PARROQUIAS


A música coral é protagonista na programación cultural do Concello de Ponte Caldelas. O programa “Música nas Igrexas”, protagonizado pola agrupación coral Valdarrosa, pasou por Barbudo, onde ofreceu un recital á veciñanza.
A actuación da coral, desenvolvida nesta ocasión na Casa do Pobo, serviu tamén para a estrea da súa nova directora, a músico cubana Aleida E. Leyva de la Rosa, que substitúe a Iván Gulín.
O programa inclúe as pezas Compañeira, O meu amor é mariñeiro, Velaí vai, Esta Tierra, Prende, La Sirena, O voso galo comadre e Camiño do Indio.
As próximas actuacións no marco deste programa serán en Caritel (20 de xullo), Laxoso (28 de setembro) e Caldelas (28 de decembro).
O Goberno local caldelán, que está formado pola coalición dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, aposta novamente por unha iniciativa pensada para levar o canto coral ao rural e utilizar, sempre que sexa posible, as igrexas como auténticos auditorios e centros da vida comunitaria.
A coral Valdarrosa ten unha presencia moi activa na dinamización social do municipio, pois é habitual das festas das Dores, a festa da patrona ou o concerto de Nadal. Foi fundada en 1992 e dende entón ten actuado xa en Salvador de Bahía, en Lisboa e en diversos lugares de Galicia. Tamén ten participado en programas da TVG. A agrupación, presidida por Manuel Losada, está formada por 32 persoas.

Deja un comentario