+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Xullo de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA VOLVE A INSTAR ÁS ADMINISTRACIÓNS A TOMAR MEDIDAS PARA FOMENTAR A CONTRATACIÓN INDEFINIDA ANTE OS DATOS DE DESEMPREGO DE XUÑO


A Presidenta da Deputación de Pontevedra volveu a mostrar a súa preocupación pola precariedade “xa que o 90% dos novos empregos son a tempo parcial”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe que os datos do desemprego do mes de xuño, coñecidos esta mañá “seguen a ser moi preocupantes porque mostran un tipo de empregos vinculados á estacionalidade, a hostalaría e o comercio, e amais nun 90% son a tempo parcial”. Silva incidiu que este tipo de contratación crea un modelo de salarios baixos e cunha precariedade alarmante. “Estamos a mirar traballadores e traballadoras pobres que, aínda que teñan un emprego, non chegan a fin de mes”, dixo a Presidenta provincial.

Carmela Silva destacou que, en xuño, na provincia de Pontevedra máis do 66% dos novos contratos foron creados polo sector servizos, e dicir hostalaría e comercio, e ademais so o 6,79% do total da contratación foi indefinida, rexistrando incluso un descenso sobre o número de contratos a tempo completo feitos no mes de mai0. Carmela Silva tamén subliñou o que acontece no sector da Educación onde ao remate do curso escolar máis de 54.000 docentes ingresan nas listas do desemprego, creando tamén precariedade neste sector.

Para a Presidenta da Deputación “é necesario que as administracións que teñen competencias adopten medidas para fomentar a contratación indefinida para evitar ter un mercado laboral precario e absolutamente dependente da estacionalidade do emprego”.

Deja un comentario