+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

FESTIVAL COSTA DOS CASTROS


De todos é sabido que os meses de verán non serían o mesmo sen os festivais que ateigan toda a
nosa comunidade galega de actividades de lecer para todos os públicos. Por iso, coa chegada do mes de xullo anunciamos unha nova edición do Festival Costa dos Castros, evento cultural de música e patrimonio histórico acollido no concello de Oia, no que vos atoparedes con música folk variada, narración oral tradicional, así como a riqueza do patrimonio e os diversos atractivos locais.

O Festival Costa dos Castros ofrece cultura e lecer alternativo, amosando uns valores e principios baseado na cooperación, respeitando a diversidade, o patrimonio histórico, o ecoloxismo e a sustentabilidade acadando desta maneira unha unión sociocultural e creando comunidade. En definitiva, achégase un ano máis unha oportunidade para gozar do folclore con diferentes representacións artísticas e actividades que conforman unha programación para todos os públicos.

Abride as vosas axendas, xa que tedes unha cita os vindeiros 6, 7 e 8 de xullo. Comezaremos a fin de semana contando cos grupos locais “Tra-lo Mosteiro” e “As Caramuxas”, as veciñas do concello de Tomiño “Pandereteiras Virxe do Alivio” que xunto con “A Fiada” completarán as actuacións do venres e remataremos a festa cun serán onde pode que se descubran novos talentos. Non quededes sen folgos para o sábado e deixádevos levar polos rapaces e rapazas de San Xerome Emiliani co seu grupo “Xerock Percusión”, así mesmo “Folk Tarxa” e “Cantares do Silveiro – do noso pobo irman Oiã” continuarán coa música e ben seguro que conseguen sacarvos máis dun baile! Pero non vos despistedes porque axiña chegará dende Ourense a banda folk “Coanhadeira” para darvos forzas para seguir. Agardade ata o final e comprobaredes que unha gaita non é incompatible cun violín, unha batería ou unha guitarra eléctrica e un baixo cos músicos de “Virandeira”. O derradeiro día teremos un encontro de Treboadas e será “Uxía & Magín Blanco (espectáculo infantil) ” encargarase de non deixarvos marchar cun mal sabor de boca. Ademais destes concertos poderedes disfrutar dos postos de artesanía, cantos de taberna, visitas guiadas e rutas dramatizadas.

Deja un comentario