+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

A FEIRA EXPOFERR 2018 CONTOU CUNHA AFLUENCIA DE 2.150 PROFESIONAIS DE DISTINTOS SECTORES


ESTA II FEIRA PROFESIONAL DE SUBMINISTRACIÓN E FERRAXERÍA INDUSTRIAL, PROTECCIÓN LABORAL E MAQUINARIA CELEBROUSE OS DÍAS 29 E 30 DE XUÑO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A II Feira Profesional de Subministración e Ferraxería Industrial, Protección Laboral e Maquinaria, Expoferr 2018, a cal se celebrou os días 29 e 30 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA contou cunha afluencia de 2.150 profesionais de distintos sectores.

Con esta cifra de asistencia, que supera amplamente as 1.500 persoas que acudiran á anterior edición, cúmprense os obxectivos dos organizadores de Expoferr. Estes amósanse satisfeitos tanto pola cantidade de visitantes como pola intensa actividade comercial rexistrada durante os dous días de feira.

Os asistentes, que puideron acceder de forma gratuíta ao certame previa inscrición na páxina web do evento ou na propia taquilla, acudiron para coñecer os produtos e novidades dos 60 fabricantes nacionais e internacionais que concorreron nesta edición. Estas empresas representaron a 220 marcas, as cales ocuparon unha superficie próxima aos 3.000 metros cadrados. Unhas cifras que respecto á pasada edición supuxeron un 83% máis de firmas, un 71% máis de expositores directos e o triplo de espazo.

Todas estas empresas conformaron unha ampla mostra en ferramenta de man e de corte, abrasivos, tornillería, soldadura, manutención, químicos, ferramenta eléctrica e pneumática, elevación e mantemento, andel e almacenaxe, protección laboral e vestiario de traballo.

Multitude de demostracións

A exposición de Expoferr 2018 completouse cun gran número de demostracións realizadas nos stands dos expositores, nas que estes explicaron o funcionamento dos seus produtos ou os puxeron a proba para amosar a súa resistencia, fiabilidade ou ergonomía.

Así mesmo, tamén incluíron charlas para informar a fabricantes, importadores e usuarios finais sobre distintos aspectos de interese, tales como o alcance que terá o regulamento de EPIs (equipos de protección individual) que entrou en vigor recentemente.

Deja un comentario