+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL ALENTA Á MOCIDADE DE CAMBADOS PARA INSCRIBIRSE PARA O INTERCAMBIO A CIDADE DE VENECIA.


  • A alcaldesa Fátima Abal do Concello de Cambados informa ás persoas interesadas de que poden enviar as súas solicitudes a través do correo electrónico alcaldia@cambados.es ou ben de maneira presencial na secretaría de alcaldía antes do martes 10 de xullo, data na que se realizará un sorteo público ás 12:30 no salón de plenos do Concello.

Ata o próximo día 12 de xullo aínda teñen tempo de inscribirse para realizar o intercambio na cidade de Venecia (Italia), como di a alcaldesa Fátima Abal.

Estase informado desde a Mancomunidade do Salnes desta convocatoria de prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia) nas relacións bilaterais que mantén esta mancomunidade con distintas entidades doutros países, e por mor disto Fátima Abal a alcaldesa de Cambados, non quere que a mocidade de Cambados perda esta oportunidade de coñecer outros países e convivir con outras culturas favorecendo así as relacións persoais que axuden nun futuro aos nosos mozos e mozas para desenvolverse mellor en calquera situación.

A alcaldesa informa que as prazas son limitadas, e soamente hai 1 praza dispoñible para o Concello de Cambados ao ser un total de 10 para toda a Mancomunidade, e os que poden optar a gozar deste intercambio son todos os mozos con idades comprendidas entre os 18 a 30 anos de idade no momento de celebrase o intercambio, que será no mes de setembro.

O prazo finaliza como xa informamos anteriormente este xoves 12 de Xullo de 2018 no cal o Concello de Cambados terá que dar á Mancomunidade do Salnes o nome da agraciada ou agraciado que terá a posibilidade de asistir.

O que incluiría este intercambio sería: Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, transporte no ámbito do intercambio, actividades organizadas pola entidade de acollida.Coñecemento da entidade de acollida e Percorrido cultural polos principais monumentos e museos de Venecia etc.

E o que sería a cargo do participante sería: Os gastos de desprazamento desde Galicia ata o lugar do intercambio. (Billete avión), a obtención do Cartón Sanitario Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.

A alcaldesa Fátima Abal do Concello de Cambados informa ás persoas interesadas de que poden enviar as súas solicitudes a través do correo electrónico alcaldia@cambados.es ou ben de maneira presencial na secretaría de alcaldía antes do martes 10 de xullo, data na que se realizará un sorteo público ás 12:30 no salón de plenos do Concello.

Deja un comentario