+034 986 09 02 04 Luns 21 de Setembro de 2020

Os alcaldes de Fornelos, A Lama e Ponte Caldelas solicitarán á Xunta a segunda edición do “Obradoiro de Emprego Conca Río Verdugo-Oitavén”


Os rexidores pedirán un módulo de “Xardinería Forestal” e outro de “Atención Sociosanitaria de persoas a domicilio” para un total de 25 alumnos

Os alcaldes de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, o de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e o anfitrión da Lama, Jorge Canda, mantiveron unha reunión no transcurso da cal decidiron optar conxuntamenta a unha nova edición do “Obradoiro de Emprego Conca Río Verdugo-Oitavén” centrando a súa petición á Xunta en dúas módulos: Un de “Xardinería Forestal” e outro de “Atención Sociosanitaria de persoas a domicilio” que se impartirían a un total de 25 alumnos dos tres municipios.

Este novo Obradorio que se solicita tería, no caso de ser concedido pola Xunta, unha duración de seis meses e o obxectivo destes cursos é preparar a uns 25 de alumnos, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e en Jardinería Forestal.

As prácticas que realizarían os alumnos do módulo de Xardinería Forestal estarían centrados na conservación de zonas verdes do Parque Empresarial da Reigosa, o mantemento das zonas ajardinadas do Concello de Ponte Caldelas. No municipio de Fornelos de Montes actuarían no cemiterio municipal de Fornelos de Montes, nos terreos municipais xunto á praia fluvial e en diversos xardíns do concello.

O proxecto está en fase de elaboración e os tres alcaldes esperan que sexa aprobado pola Xunta pola importancia que ten en darlle continuidade ao “Obradoiro de Emprego Conca Río Verdugo-Oitavén” que tanto éxito tivo durante o seu desenvolvemento en pasado ano.

As persoas desempleadas participantes neste tipo de obradoiros, realizando labores de alumno-traballador perciben o Salario Mínimo Interprofesional durante os meses que durarán estes proxectos.

Deja un comentario