+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

III CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS EN PONTE CALDELAS


Cunha participación récord, que superou os 60 vehículos, Ponte Caldelas acolle hoxe, domingo, a III Concentración de Vehículos Clásicos. Comezou coa concentración na Alameda e unha ruta polo rural que parte este ano ás 14.00 horas de Tourón, continuando por Santana, A Reigosa, Xustáns, Taboadelo, Silvoso e A Roca, con chegada de novo á Alameda e estancia ata as 20.00 horas.

Diante da gran afluencia nesta terceira edición, mesmo que houbo que acondicionar algúns coches na praza do Obispo, ao lado da Alameda. Numeroso público participou xa esta mañá, aínda que a maior afluencia agárdase para a tarde.

A actividade é froito da colaboración entre o Concello de Ponte Caldelas e os Amigos dos Vehículos Antigos (AVA), asociación fundada en 1984. Unha agrupación cun centenar de socios e que organiza unha media de catro actividades deste tipo ao longo do ano, a máis coñecida delas, a Ruta da Lanzada.

O presidente do club, Cristóbal Rivas, entregou un agasallo institucional ao alcalde, Andrés Díaz, e deuo sinal de partida para a caravana dos clásicos.

Deja un comentario