+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

O VERDOEJO ART ROCK CONTRIBUIRÁ COA REFORESTACIÓN DE SAN XURXO


 

 

O Verdoejo Art Rock ven de presentar a súa cuarta edición na Casa da Cultura de Salceda de Caselas, da man de diversas personalidades de Galiza e Portugal. Este festival, que se celebrará do 27 ao 29 de xullo en Valença, destaca pola sua laboura social, solidaria e de sostenibilidade, que este ano se centra nas consecuencias dos incendios do pasado mes de outubro. Unha parte da recadación da edición deste ano do Festival Verdoejo Art Rock vai ir destinada a favor da reflorestación das áreas queimadas en Verdoejo (Valença) e en San Xurxo (Salceda de Caselas). Así, a organización do festival comunicou que “por cada entrada vendida, a organización donará un euro para reforestar as áreas queimadas de Verdoejo e San Xurxo”. O festival promove a arte, a cultura, o benestar da cidadanía e aprotección da natureza, coa idea fundamental de fusionar xcultura e natureza, nun festival pensado a nivel de Eurorexión, con artistas chegados/as de ámbalas dúas marxes do Miño.

Do cartaz forman parte nomes das duas beiras do Miño, como Peste & Sida, Brantner e Plastic People. O festival iniciarase o día 27 de xullo coa apertura da exposición de Land Art, realizada en colaboración coa Bienal de Vila Nova de Cerveira. No sábado, 28 de xullo, realizaranse diversas actividades como o paseo pola vila de Verdoejo para mostrar os grabados rupestres. No domingo, último dia de festival, comezarase con unha mega- aula de Zumba que invadirá o palco do festival e ás 14h00, terá lugar a XI Descida do Rio Minho em boia. O prezo das entradas varía entre os 8 euros
– entrada diaria – e 15 euros – entrada xeral.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, agradeceu a solidaredade chegada dende Verdoejo, destacando que “nun mundo globalizado e en movemento o futuro está nas fronteiras, nun territorio pensado para as persoas”. Así mesmo, destacou o feito de que “as dúas beiras do Miño estamos “condenadas” a entendernos”, defendendo as importantes relacións entre Galiza e Portugal, no que é o tramo de frontera máis dinámico entre España e Portugal.

Deja un comentario