+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

A XUNTA IMPLEMENTARÁ INTERNET DE ALTA VELOCIDADE EN DEZANOVE NÚCLEOS DE POBOACIÓN EN BAIONA


Dezanove núcleos de poboación integrados nas cinco parroquias que forman o Concello de Baiona dispoñerán de acceso a Internet de alta velocidade, grazas ás actuacións conxuntas que están a levar a cabo a Xunta e o Estado. Segundo explica a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organismo dependente da Xunta, ambas as administracións están a subvencionar a extensión da fibra en zonas brancas, isto é, aquelas en as que non existe cobertura dun mínimo de 30 Mbps.
Entre 2018 e 2020 a empresa Telefónica de España, S.A., como beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14,2 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvimiento Rural ( FEADER), despregará redes ultrrápidas en nucleos de toda Galicia, que posibilitarán servizos de acceso a internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptoca. Así no Concello de Baiona veranse beneficiados os seguintes núcleos: Cancelo, Caneiro e Rocamar, na parroquia de Baredo. En Eidos, Igrexa, Fontes e Laxes en Baíña. Medialdea, Urgal en Belesar. Area, Caeiro, Xuncal, Outeiro, Ponche Novo, Sabarís e Viso de Calvos na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa. Na parroquia de Santa María de Baiona; San Antón, Percibilleira e Covaterreña. Con esta nova medida todas estas zonas terán cobertura de 100 Mbps
O Estado, que é a administración competente en materia de telecomunicacións, e a Xunta, de forma complementaria, están a incentivar o despregamento de redes ultrarrápidas en zonas brancas, aquelas que non dispoñen dunha conexión a internet con estas velocidades e que non resultan rendibles para os operadores.
O Alcalde de Baiona, sinala que “Se trata dunha gran noticia para os nosos veciños e veciñas xa que será moitos os que se beneficiarán deste proxecto de conectividade que chegará 19 núcleos de poboación do noso municipio. Todas estas zonas terán garantida a conexión a internet de alta velocidade, segura, sen cortes e con total garantía.
Rodal tamén destacou a colaboración do Concello de Baiona coa Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia “no seu afán de garantir a extensión das redes de telecomunicacións de nova xeración”.

Deja un comentario