+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA SUBLIÑA QUE A ESCOLA NAVAL DE MARÍN É UN DOS REFERENTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA


 

O novo comandante director Ignacio Cuartero informa á Presidenta da Deputación do reto da dixitalización da Escola para a mellora dos oficiais da Armada

 

O novo comandante director da Escola Naval de Marín, Ignacio Cuartero, agradeceu hoxe o recibimento na Deputación de Pontevedra a súa titular Carmela Silva coa quen mantivo un encontro en onde informoulle dos novos retos que ten expostos a escola para a mellora da formación dos oficiais da Armada que pasa por continuar na senda da dixitalización.

A Presidenta da institución provincia deu a benvida ao novo comandante e tivo un recordo para o anterior responsable vaticinando que as relacións van a seguir sendo do máis doado. Carmela Silva recordou que a Escola, que cumpre 75 anos da súa instalación na cidade de Marín, destacou “que ten sido un orgullo e que nos ten situado a Pontevedra e a provincia como unha referencia a nivel naval no mundo”. “A cidadanía de Marín, de Pontevedra e de toda a provincia temos que recoñecer as forzas e corpos de seguridade do Estado como un parte fundamental do estado de dereito do noso país” subliñou Silva.

Igualmente mostrouse moi satisfeita pola colaboración que mantén a Escola coa Universidade de Vigo como un deses pilares para mellorar a formación e recalcou que se sinte moi orgullosa que o centro da Armada manteña as súas instalacións na localidade de Marín “e amais que o saiba todo o mundo que a Presidenta da Deputación está orgullosa da Escola Naval de Marín, que teño coñecida en primeira persoa, e espero volver a poder compartir un almorzo cos alumnos e alumnas e con todo o persoal para seguir profundando no seus retos de presente e futuro”.

Ignacio Cuartero quen tomou posesión do seu cargo o pasado día 18 subliñou hoxe que unha das primeiras visitas que tiña na súa axenda era á Deputación e a súa presidenta “pola integración da Escola Naval na cidade de Marín e de Pontevedra e polas relacións que mantén coas autoridades da provincia e toda a sociedade civil”. Cuartero, que se criou en Pontevedra, sentiuse “orgulloso” da evolución da Escola coa provincia e con toda a sociedade civil.

Deja un comentario