+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

“XII EDICIÓN SALDOMARÍN”


A XII Edición do SALDOMARÍN (Salón de Oportunidades de Marín) celebrarase do 3 ao 5 de agosto, cun intenso programa de actividades.

O venres día 3 de agosto ás 10.30 horas, levará a cabo o acto de inauguración da XI Edición do Saldomarín, por parte da Presidenta do CCA Dna Isabel Torres Pazos, da Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia Dna Sol Vázquez Abeal e da Alcaldesa do Concello de Marín Dna María Ramallo Vázquez. Baixo unha superifice de 500 m2, 19 expositores (dos cales o 80% son de Marín) ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 50%) produtos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, óptica, lenzaría, complementos e decoración do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, juguetería, librería, xoiería e bixutería . O horario do evento será de 11 a 14.30 e de 17.30 a 23, pechando o domingo ás 22. A entrada será gratuíta. Coa finalidade de dinamizar o evento, nesta edición contaremos con diversas actividades: • Durante os tres días, polas compras s up e rio re s a 10 € , repartiranse unhas papeletas aos clientes para que as poidan cumprimentar cos seus datos, podendo así participar no so rt e ou p re se nc ia l d e 6 0 0 € e n vai lle s c ou mp ra , que terá lugar o domingo ás 20 horas. Para crear un ambiente festivo, media hora antes do sorteo haberá unha exhibición de zumba e de baile moderno e latino a cargo do Centro de Actividades Cabriola. • Nas inmediacións da carpa, o sábado e o domingo, instalaremos dous inchables que estarán dispoñibles en horario de 11 a 14 e de 18 a 21. Durante o evento as casetas participantes, polas compras efectuadas, repartirán uns vales cos cales os nenos poderán disrutar dos inchables de forma gratuíta. O evento conta coa colaboración do Concello de Marín (que nos cede a ocupación de parte da Alameda), da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Comercio), A Caixa e a Deputación de Pontevedra ( Pontegal)

Deja un comentario