+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

DE VINTAGE, O XAVIQUE E A ADEGA TRIUNFAN NA SÉTIMA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DO CARNEIRO “ESPÉTALLE UN PINCHO”


A entrega de premios tivo lugar no consistorio de Moraña coa presenza da alcaldesa e de representantes de Galicia Gastro

 

O Concello de Moraña vén de fallar e de entregar os premios da sétima edición do concurso de tapas “Espétalle un Pincho”, que se celebrou a comezos do presente mes de xullo e que nos últimos anos abre a programación da Festa do Carneiro ó Espeto. Nesta ocasión, o establecemento De Vintage quedou como gañador deste certame e foi acompañado no podio pola taberna tradicional O Xavique e A Adega, respectivamente, segundo o ditame do xurado profesional, conformado por bloggers do grupo Galicia Gastro, representantes de Barro de Tapas e do portal O Viaxadoiro, membro de Galicia TB.

Os galardóns foron entregados esta mesma mañá nun acto celebrado no consistorio de Moraña coa presenza da alcaldesa, Luisa Piñeiro, do teniente de alcalde José Cela e de Faustino Batallán, en representación do xurado.

O certame, plenamente consolidado como arranque da programación do Carneiro ó Espeto, celebrouse durante dúas xornadas, nos seráns do primeiro venres e sábado deste mes, e contou coa participación de nove establecementos do municipio. Os participantes amosaron novamente a súa calidade, inxenio e innovación á hora de preparar petiscos baseados no carneiro.

O concurso, que serve para desestacionalizar a difusión e sinerxias do Carneiro ó Espeto máis aló da fin de semana central da festa –programado entre o 27 e o 29 de xullo–, estivo organizado polo Concello en colaboración co sector dos hostaleiros de Moraña.

No acto de peche e entrega de premios, Luisa Piñeiro quixo agradecer a “variedade, calidade e traballo” dos hostaleiros locais e destacou o “elevado nivel” dos petiscos presentados no concurso, ademais de felicitar aos gañadores pola consecución dos
seus premios.

 

Deja un comentario