+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O PENEDO TEIMPORTA XA SE ATOPA NA SEU D´URGELL PARA DISPUTAR O CAMPIONATO DE ESPAÑA!!!


O mércores pola mañá o noso equipo do Penedo Teimporta chegou a canle olímpica do PARC DO SEGRE na Seu d`Urgell para realizar os adestramentos preparatorios para o Campionato de España que se disputará este fin de semana. Despois de conseguir o terceiro posto en Mondariz, os nosos loitarán e darán o seu máximo para repetir un éxito de tal magnitude e seguir facendo historia. Ademais, tamén é unha proba selectiva para o terceiro posto dos equipos junior, sub 23 e senior de xeito que os nosos palista Daniel Pérez, Borja González e Miguel Ángel Lorenzo loitarán por conseguir a súa praza para o Europeo junior e sub23. Ainhoa Lameiro pola súa banda ten a súa praza segura para o Europeo en C1 e K1 junior.

Tamén serán moitos dos nosos palistas quenes loiten polas medallas, os propios Borja, Dani e Brais Caride loitarán polos postos de podium en C1 CADETE, Miguel Ángel Lorenzo fará o propio en C1 JUNIOR . Ainhoa Lameiro así mesmo tentará seguir coa incrible racha de ouros en k1 en C1 JUNIOR. Borja e Iago Varela loitarán así mesmo polos metáis en K1 CADETE.

Será sen dúbida un gran e emocionante campioanto de España así que moito ánimo, forza e sorte para todos!!! A por todas rapaces!!!

Deja un comentario