+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Outubro de 2018

A XUNTA PON EN VALOR EN MORAÑA O SEU APOIO Á FESTA DO CARNEIRO AO ESPETO, UNHA DAS 120 DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA


Trátase dunha das celebracións que se benefician da liña de subvencións que convoca anualmente Turismo de Galicia, no seu compromiso por potenciar os valores diferenciadores e que conta cun investimento global de 300.000 euros
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron  nas celebracións da XLXV edición da Festa do Carneiro ao Espeto, unha das 120 festas de Interese Turístico de Galicia e tamén unha das máis de 300 festas gastronómicas que se celebran por toda a xeografía galega. Trátase, ademais, dunha das celebracións que se benefician este ano da liña de subvencións que convoca anualmente Turismo de Galicia para apoiar, promover e difundir estas celebracións e que conta cun investimento global de 300.000 euros.

Estas axudas, de concorrencia competitiva, enmárcanse no compromiso do Goberno galego polo mantemento e impulso de celebracións como a do Carneiro ao Espeto que, polas súas características e singularidades, axudan a converter a Comunidade galega nun destino diferenciado da man da enogastronomía.

Neste sentido, a Estratexia do turismo de Galicia 2020 dedica o unha das súas 11 liñas a potenciar os valores que singularizan a Comunidade a través dunha actividade que os protexa e impulse permitindo aos turistas integrarse coa cultura, tradición e enogastronomía, como é o caso da Festa do Carneiro ao Espeto, que ano a ano contribúe a potenciar a completa oferta turística das Rías Baixas.

Máis de 140 festas de interese turístico
A provincia de Pontevedra suma, en total, preto de 50 festas de interese turístico. Delas, ao redor de 40 teñen a distinción de Interese Turístico de Galicia, cinco teñen o recoñecemento de Interese Turístico Nacional e catro son de Interese Turístico Internacional. En total, a comunidade galega suma a día de hoxe 141 festas de Interese Turístico.

Deja un comentario