+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA SAN FIZ, PATRÓN DO MUNICIPIO, CON ACTIVIDADES DURANTE DOUS DÍAS PARA NENOS E MAIORES


A festa da escuma, ás 19:00 horas de mañá na Praza do Concello, abre as os festexos
O Concello de Nigrán abre mañá ás 19:00 horas coa festa da escuma na Praza do Concello os festexos de San Fiz, patrón do municipio. Esta celebración, organizada directamente polo Concello, estenderase por vez primeira durante dous días (o martes 31 de xullo e o mércores 1 de agosto, festivo local) con múltiples actividades para nenos e maiores.
Así, a véspera de San Fiz terá lugar ás 19:00 horas unha festa da escuma na praza do Concello aberta á participación de nenos e adultos. Ese mesmo día ás 19:30 o grupo folklórico ‘Os Muíños do Xuncido’ e o grupo de baile ‘As do caravillas’ actuarán na praza do Ceán e, a continuación, a Orquesta Saudade. O propio día do patrón, festivo en Nigrán, a Banda de Música Taboexa, de As Neves, ofrecerán un pequeno concerto ás 11:00 na Praza do Concello, posteriormente, ás 12:00 horas, será a Misa Maior cantada pola coral Novos Aires de Nigrán na Igrexa de San Fiz e ás 13:30 concerto da Banda de Música de Taboexa no propio recinto do Ceán seguida da gran tirada de fogos ás 14:30 horas. Finalmente, pola noite terá lugar a verbena dende as 21:00 horas coa Orquesta Trébol e Compostela.
“Trátase do patrón do municipio e do festivo local de Nigrán, polo que dende o Concello queremos darlle a esta celebración a entidade que merece”, resume o rexedor, Juan González.

Deja un comentario