+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xaneiro de 2021

RUTA DE SENDEIRISMO E CINEMA PARA COMEZAR AGOSTO EN BUEU


O Concello de Bueu inicia un mes de agosto ateigado de actividades. De feito, este mércores, 1 de agosto, como vén sendo habitual, sairá ás 10.00 horas da Praza Massó unha ruta de sendeirismo polo sendeiro do Río Frade. A duración da camiñada, organizada pola concellaría de deportes, será de tres horas aproximadamente e non se precisa inscrición previa, aínda que se aconsella levar roupa e calzado cómodos, e froita e bebida.
Por outra banda, pequen@s e maiores poderán gozar dunha nova sesión de “Cinema na rúa”. Ás 22 horas proxectarase “Matilda” na Praza Massó. Nela cóntase a historia de Matilda Wormwood, unha nena moi curiosa e intelixente, todo o contrario que os seus pais, que adoitan ignorala e desprezala. Tras descubrir que posúe poderes telequinésicos, chega á conclusión de que podería usalos para facer o ben, axudando aos que están en dificultades, pero tamén para castigar ás persoas crueis e perversas.
As seguintes proxeccións serán o “¡Canta!”, o 8 de agosto, e “Willow”, o 15 de agosto.

Deja un comentario