+034 986 09 02 04 Martes 13 de Novembro de 2018

CLAUSURA DAS LUDOTECAS MUNICIPAIS DE CARBALLEDO E TENORIO


Clausura das Ludotecas Municipais de Carballedo e Tenorio, que se desenvolveron ao longo de todo o mes de xullo en quenda de mañá coa participación de preto de 90 rapaces no marco das accións do Plan de Conciliación Estival do Concello de Cerdedo-Cotobade.
Nesta derradeira xornada, os cativos recibiron a visita do presidente municipal, Jorge Cubela, que estivo a departir cos monitores e cos rapaces sobre esta actividade, cada vez máis demandada e que motiva que cada ano se amplíen as prazas ofrecidas.
Agora, este servizo que mistura formación e lecer trasládase durante todo agosto ao territorio de Cerdedo e celebrarase con máis dunha vintena de cativos, mentres que en Cotobade este mes adicarase ao Verán Cultural, cuxas actividades están orientadas especialmente para os rapaces.

Deja un comentario