+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

O CONCELLO DE ARBO, SEGUE MELLORANDO OS SEUS RECURSOS TURISTICOS.


 

Acabadas as obras de acondicionamento e mellora do carreiro entre o RÍO DEVA E A PRAIA DE SAN XOAN, realizadas pola CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, a petición do Concello de Arbo.
Os traballos, que contaron cun orzamento que roldou os 24.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública deste carreiro co fin de garantir unha interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular, aqueles relacionados cos hábitats e coas especies de intereses comunitario prioritario, como a Alnus glutinosa ou a Fraxinus excelsior.
O carreiro percorre a zona de servidume da marxe dereita do río Deva, desde a praia fluival de San Xoán ata o viaduto do ferrocarril situado no barrio da Almuiña. Este Carreiro que Sae da Praia fluvial de San Xoan únese no lugar da Almuña co Carreiro xa existente “carreiro Rio Miño-Rio Deva”, leste O Carreiro parte desde o lugar da Estación, onde desde o miradoiro situado no alto, podemos descubrir a canle do Miño, Rio que leva séculos de cultura tras de se. Desde alli vemos a desenbocadura do Deva no Miño, as pesqueiras, a Ponte Internacional, a praia fluvial da Estación e o noso pais vecinoPortugal. Ten unha lonxitude 550 metros de Dificultade: Facil e Interese: Etnográfico, paisaxístico, botánico e faunístico e desde o mesmo pódese ver a desembocadura do Rio Deva No Rio Miño
Segundo declaracións do alcalde Horacio Gil, As actuacións consistiron en roza manual do trazado, mellora da caixa do camiño, instalación dunha pasarela de madeira e de escaleiras, a construción dun muro de mampostería para estabilizar o camiño e a instalación dun panel interpretativo con toda a información relativa ao carreiro.- O rexedor tamén manifesta que estas actuacións están a atraer cada día máis turistas á zona de Arbo, para coñecer todos os encantos que o noso municipio ofrece.

Deja un comentario