+034 986 09 02 04 Luns 15 de Outubro de 2018

41 NOVOS CENTROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA INCORPORAN O LIBRO DIXITAL NO VINDEIRO CURSO 2018/19


E-Dixgal estará presente nun total de 108 colexios e institutos pontevedreses, un 60% máis que o ano pasado
Un total de 41 novos centros sostidos con fondos públicos de Pontevedra incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 108 centros beneficiados en toda a provincia, un 60% máis que o ano pasado. Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva –que se pode consultar neste enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_edixgal_definitiva.pdf– na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso. En toda Galicia, son 114 os novos centros adheridos ao proxecto, que xa chega a 267 en total (un 70% máis que o curso pasado) e 18.000 alumnos, un 55% máis.

Listaxe de novos centros incorporados ao libro dixital na provincia de Pontevedra:

Nome do centro Concello Etapa educativa
CEIP da Torre-Cela Bueu

 

 

 

 

Educación Primaria
CEIP Nazaret Cangas
CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán Cangas
CEIP de Tenorio Cotobade
CEIP do Carballal Marín
CEIP Humberto Juanes Nigrán
CEIP Mestre Manuel García Oia
CEIP A Xunqueira Nº1 Pontevedra
CEIP Plurilingüe A Florida Sanxenxo
CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral Vigo
CEIP Eduardo Pondal Vigo
CEIP Balaídos Vigo
CEIP Arealonga Vilagarcía de Arousa
CEIP A Escardia Vilagarcía de Arousa
CEIP San Tomé Cambados
CEIP de Lourido Poio
CEIP de Atín-Cela Mos
CEIP Mestre Valverde Mayo Mos
CEIP de Laredo Redondela
CEIP da Cruz-Budiño O Porriño
CEIP de Barrantes Tomiño

CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa Bueu
Educación Primaria e Secundaria
CPI Alfonso VII Caldas de Reis
CPI de Mosteiro-Meis Meis
CPI Santa Lucía Moraña
CPR Sagrado Corazón de Jesús, Placeres Pontevedra

CPI de Cova Terreña* Baiona

 

 

Educación Secundaria

 

 

 

 

 

(*) Xa tiñan libro dixital na etapa de Primaria. Non
contan para o total
CPR Plurilingüe San Fermín* Caldas de Reis
IES Ramón Cabanillas Cambados
IES Antón Losada Diéguez A Estrada
IES Ramón María Aller Ulloa Lalín
IES Marco do Camballón Vila de Cruces
CPR Plurilingüe Padres Somascos A Guarda
IES Plurilingüe A Paralaia Moaña
CPI Arquitecto Palacios* Nigrán
CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda* Nigrán
IES Frei Martín Sarmiento Pontevedra
IES Gonzalo Torrente Ballester Pontevedra
IES Castelao Vigo
IES Coruxo Vigo
IES Castro Alobre Vilagarcía de Arousa
IES A Basella Vilanova de Arousa
IES Plurilingüe Terra de Turonio Gondomar
IES de Meaño Meaño
IES de Sanxenxo Sanxexo

Estes datos mostran o forte impulso que o departamento educativo da Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de realizar no E-Dixgal. O proxecto naceu como experimental no curso 2014/15 coa intención de proporcionarlle aos centros da rede Abalar un proxecto integral para facilitar o desenvolvemento de proxectos de educación dixital mediante a incorporación de materiais específicos. Deste xeito, no vindeiro curso, o 27% dos centros de ensino obrigatorio públicos contan con proxectos de educación dixital, 17 puntos porcentuais máis que no curso 2014/15, cando arrancou esta iniciativa con carácter experimental e que agora se consolida.

Unha vez finalizado o carácter experimental do proxecto, e consolidado no seu procedemento, optouse por darlle un novo impulso mediante a súa ampliación, así como flexibilizando algúns dos requisitos. Deste xeito, na convocatoria deste ano reforzouse o proxecto en ESO cun plantexamento máis flexible e adaptable, posto que require un mínimo de seis materias no modelo dixital, mentres que ata agora se incluían todas as materias na iniciativa.

Deja un comentario