+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

O ALCALDE DE NIGRÁN RECIBE AOS NENOS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN CON FAMILIAS DA COMARCA DO VAL MIÑOR


O Concello aportou 2.000 euros ao programa ‘Vacacións en Paz’
O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu aos sete nenos saharauis que están pasando este verán no Val Miñor con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán aporta 2.000 euros ao Programa ‘Vacacións en Paz’ de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas co logo de “Nigrán” e diverso material escolar. Ademais, falou cos cativos, que están a disfrutar moito en Galicia, e agradeceu públicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharaui é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendum de autodeterminación. «Ogallá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun sáhara libre», sinalou.

Deja un comentario