+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

PONTE CALDELAS REFORZA O SEU SERVIZO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA


 

O Concello incorpora a unha técnico para atender aos visitantes en colaboración con Turismo Rías Baixas

Os turistas que se achegan a Ponte Caldelas dispoñen dun servizo de información mellorado gracias á incorporación dunha técnico que estará a súa disposición na Casa da Cultura, en pleno centro da localidade.
Ponte Caldelas incorpórase así á rede de puntos de información turística de Turismo Rías Baixas e nos próximos días o edificio será sinalizado coa imaxe corporativa e os distintivos para a súa correcta identificación visual.
O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) decidiu aproveitar as vantaxes desta colaboración co organismo turístico da Deputación de Pontevedra, que fai posible contar con persoal por un período de seis meses prorrogables por outros seis.
A nova oficina turística está aberta de martes a venres de 16 a 21 horas e durante as fins de semana de 11.30 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas.
A responsable da oficina, Aránzazu Vaquero, está titulada como técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas e ademais conta cun máster en Arqueoloxía e formación como restauradora de materiais arqueolóxicos.
O alcalde, Andrés Díaz, destacou a cualificación da nova responsable da atención e recepción aos turistas e subliñou que Ponte Caldelas dispón dun importante patrimonio arqueolóxico tanto en arte rupestre como noutros xacementos, como o castelo grande, dos que cómpre facer máis promoción e difusión. Sen esquecer o rico patrimonio etnográfico, a colección de casas indianas ou os fitos naturais da súa paisaxe.

Deja un comentario