+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

ANXO MOURE E SERVANDO BARREIRO, XUNTO A M.J.PÉREZ, PROTAGONIZAN MAÑÁ EN PARADA ‘VIVE O CAMIÑO’ CON SENDOS ESPECTÁCULOS


O Concello de Nigrán, a través do programa ‘Vive o Camiño’, ofrece mañá mércores ás 20:00 horas na Praza da Carrasca (Parada) o espectáculo de Anxo Moure e Servando Barreiro e, a continuación, ás 21:00 horas, o concerto de M.J.Pérez. Moure relatará a historia das árbores do camiño co obxectivo de concienciar sobre a importancia de conservar o patrimonio forestal da ruta xacobea, mentras que Servando Barreiro lle porá música en directo. M.J.Pérez, unha das voces máis destacados no panorama galego actual, ofrecerá a continuación un concerto (21:00 horas) onde fusiona distintos estilos musicais co predominio de pop/rock.

Deja un comentario