+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

ESTES DÍAS A TENENTE ALCALDE MARTA VALCÁRCEL GÓMEZ RECIBIU A DANIEL PÉREZ CORTEGOSO NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, TRAS CHEGAR DO CAMPIONATO DE ESPAÑA E ANTES DE QUE EMPECE A SÚA ANDAINA NO EUROPEO.


 

Segundo manifesta o propio Daniel esta tempada foi a mais importante que tivo ata a data, xa que conseguiu debutar por primeira vez no equipo español de piragüismo, que ao mesmo tempo lle da paso a competir internacionalmente tanto no campionato de Europa como no campionato do mundo, no cal acadou a posición 20. O xoven Salvaterrense está moi orgulloso dos seus triunfos nesta tempada e agora está totalmente centrado e preparándose para o campionato de Europa, que se celebrará entre o 13 de agosto e o 19, no cal espera dalo todo e desfrutar moito.

Deja un comentario