+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Outubro de 2018

AVANZA A MELLORA VIARIA INTEGRAL DA PISTA ENTRE CONLES E A PENAGRANDE CUN INVESTIMENTO DE CASE 50.000 EUROS DE MEDIO RURAL


Procedeuse á limpeza de beiravías, acometeuse o reforzo da ponte e fíxose parte do reasfaltado, que se rematará tras o saneamento

 

O Concello de Moraña avanza a bo ritmo as obras de acondicionamento integral da longa pista entre os lugares de Conles e A Penagrande, na parroquia de Laxe, que se executan grazas a un investimento de case 50.000 euros cofinanciado pola Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-
2018, que reportou o 80% do importe total desta actuación.

Nesta estrada, que foi visitada pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, e o teniente de alcalde José Cela hai unhas semanas antes do arranque dos traballos, procedeuse á limpeza das beiravías e acometeuse o reforzo da ponte. Ademais, xa se fixo parte do reasfaltado da vía –que beneficiará a un treito de 1.105 metros– e a fase final destes traballos de renovación do firme está pendente nunha zona na que aínda está por rematar a execución dos enganches do saneamento nas vivendas. Cando se realicen estas conexións cos sumidoiros completarase o reasfaltado.

Con esta obra, o Concello está a executar a segunda actuación do Plan de Mellora Viaria 2018, que inicialmente está dotado con 135.000 euros e que comezou cunha modernización de pistas nas Teixugueiras, na parroquia de Santa Xusta.

A continuación, os traballos nesta área trasladaranse ao casco urbano, no que se destinarán 56.000 euros para o acondicionamento das rúas Doutor Batallán, 8 e 11 e ás da contorna do centro de saúde, que comprende as rúas 1 e 10. Nestes viais realizaranse actuacións en distinto grao que inclúen o fresado, afirmado, asfaltado, pintado, dotación de pasos de peóns elevados e sinalización e alzado da cota das
caixas de rexistro, segundo as necesidades de cada caso.

Deja un comentario