+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

O PP DENUNCIA O ABUSO E FALTA DE CONSENSO NA TRAMITACIÓN DO ORZAMENTO 2018


A pesar de que o Alcalde manifestou que quería lograr o maior consenso e que estaba aberto a escoitar as propostas da oposición, ao PP non se lle ten en conta ningunha das aportacións feitas
O Goberno ven de convocar un Pleno Extraordinario para a semana próxima, en horario de maña, saltándose calquera tipo de consenso co resto da corporación municipal, aos que unha vez mais nos “ningunea” e non ten en conta nin para os asuntos que se tratan nin para consensuar o día no que se podía celebrar dito pleno, tendo en conta que no mes de agosto está acordado dende fai anos que non se celebren e de ter que facelo que a data sexa acordada con todos.
A urxencia deste Pleno non é tal, xa que os asuntos que se van tratar podían levarse perfectamente ao Pleno ordinario de setembro, e no caso da aprobación dos Orzamentos para este ano, tendo en conta que xa pasaron 8 meses do ano sen que trouxeran o documento agora a estas alturas do exercicio da o mesmo quince días mais ou menos.
Outro dos asuntos que inclúen é unha nova operación de endebedamento por mais de 230.000 euros, outro préstamo a devolver a 8 anos que queda para que as seguintes dúas lexislaturas paguen. Asunto que dende o PP opómonos porque nestes momentos no concello non fai falta endebedarse xa que ten mais ingresos que nunca e consideramos unha neglixencia por parte deste Goberno acudir a préstamos cando durante anos criticaron as débedas que existían.
En canto ao Orzamento 2018 que o Goberno pretende aprobar hai que dicir que non leva nada para saneamento no rural, nada para o Plan Parcial da Lomba, moi pouco para a amortización das licencias dos Taxis, …., contradicindo todo o que sempre dixeron na oposición BNG e PSOE.
Tamén a defensa que sempre quixeron “abandeirar” do social, e que agora solucionan con 30.000€, o mesmo que destinaron á colocación dunha pista de xeo artificial na praza maior, ou a importancia que lle dan aos Centros Culturais para os que destinan axudas por tan só 50.000 euros a repartir entre mais de vinte e catro casas culturais, fronte o que gastaron na xornada de teatro na rúa que superou os 14.000€.
Tamén destacamos o que destinan para os clubs deportivos que de media entre todos corresponderalles uns 1.700 euros ao ano, fronte a un convenio de concesión directa que van firmar con un só club que ascende a 12.000 euros, o que pon en entredito o pouco importe que destinan aos restantes clubs e o pouco caso que nos fixeron cando dende o PP pediamos que a partida fose de 100.000 euros ao ano como mínimo.
Neste orzamento recóllense mais ingresos que nunca, e confírmase o que dende o PP vimos dicindo dende fai meses, que con este goberno de esquerdas os ingresos non baixaron en ningún imposto e a recadación por IBI, Imposto de vehículos, etc, son mais altos que outros anos.
Un Orzamento que aumenta as privatizacións en mais de 1,5 millóns de euros, en novos contratos con empresas privadas, sen ter en conta o contrato da Recollida do Lixo ou outros contratos que xa existían, co cal algo que este goberno sempre criticou agora son eles mesmos os que incumpren os seus propios principios e van en contra da municipalización de servizos como o alumeado, a limpeza das instalacións municipais, o mantemento dos parques e xardíns, as asesorías xurídicas, etc.
E xa finalmente, o mais grave, un Orzamento no que o Interventor fai constar no seu informe que se vai gastar por enriba do permitido mais de 823.000 euros, e que supón un maior endebedamento para este Concello e a posibilidade de ser intervido por incumprir coa Lei de Estabilidade Orzamentaria, e o Goberno non lle importa e fai caso omiso a esa advertencia. Todo isto pon en dificultade que se poida cumprir cos traballadores e sindicatos para as melloras salariais.
En definitiva, este Goberno vai aprobar un orzamento a finais de ano, exclusivamente para dar encaixe as facturas que xa gastaron e os compromisos que xa adquiriron, que como dí o informe do Interventor incumpre coa Lei de Estabilidade Orzamentaria, e que non ten sentido a estas alturas de ano levar este documento, mais ben deberían preparar o do ano 2019.
Tampouco teñen en conta ningunha proposta das que lle presentou o grupo popular, co cal falan de consenso cando no é certo que o aia, nin cos grupos da oposición, nin cos colectivos, porque cando menos fixéronnos chegar a este grupo escritos presentados no rexistro do Concello polo colectivo dos Taxistas e polos Clubes Deportivos, que reclaman mais cartos porque consideran insuficientes as partidas económicas que van nos orzamentos.

Deja un comentario