+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA DÚAS NOVAS ACHEGAS PARA TUI POR MÁIS DE 120.000 EUROS


Ao abeiro do Plan Concellos, a Deputación financia a substitución da cuberta da nave de maquinaria do concello e a mellora das pistas de tenis municipais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas achegas para o concello de Tui por 127.365,54 euros ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018. Así, a vila do Baixo Miño recibirá 63.120,32 euros para a substitución da cuberta na nave de maquinaria do concello e outros 64.245,22 euros para a mellora das pistas de tenis municipais.
Con esta achega, Tui ten recibido co Plan Concellos 2018 un total de 403.417,51 euros dos 1.769.637,16 euros que lle corresponden este ano, un 76,35% máis que en 2017. En concreto, a Deputación de Pontevedra aprobou para Tui 127.365,54 euros en liña 1 de investimentos, 44.577,61 euros en liña 2 de amortizacións e 231.474,36 euros en liña 3 de Emprego, cos que se contrataron a 20 persoas.

Este ano a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Deja un comentario