+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN INICIOU AS OBRAS DE REFORMA DA RÚA JOSÉ DEL RÍO EN MARÍN A SEMANA PRÓXIMA


 

Ademais da reurbanización instalaranse novas redes de abastecemento de auga e saneamento

As obras de reforma que a Deputación de Pontevedra ten previstas para a rúa José del Río en Marín serán unha realidade. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou queo departamento de Mobilidade e a empresa adxudicataria asinarán a acta de replantexamento do proxecto para iniciar de xeito inminente as obras coa colocación da sinalización, os desvíos peonís necesarios e a demolición da beirarrúa da marxe esquerda.

Segundo explica Benítez, as obras foron adxudicadas á empresa ‘Construcciones Castro Figueiro SLU’ por 185.851,45 euros, o que supón unha baixa económica do 22,5% con respecto ao orzamento de licitación. O prazo de execución é de tres meses, polo que se as condicións climatolóxicas o permiten a nova rúa estará finalizada antes de finais de ano.

O cronograma dos traballos establece que os primeiros días realizarase a sinalización de obra e o replantexamento do proxecto, marcando in situ as cotas e o deseño final. Habilitaranse tamén desvíos peonís para as beirarrúas da marxe dereita e crearanse entradas accesibles para as vivendas e baixos comerciais da marxe esquerda co fin de poder demoler a beirarrúa e a zona de apartamento. Posteriomente instalaranse as redes soterradas para a marxe esquerda (pluviais, fecais, abastecemento e alumeado público), construirase a pasarela peonil para ampliar a beirarrúa esquerda sobre o río Lameira, e realizarase a reurbanización da beirarrúa e o aparcamento, cun largo de 2,5 metros para o tránsito peonil e dous metros para o estacionamento. Este estará dividido por alcorques nos que se prantarán liquidámbar cada dúas prazas para vehículos.

Unha vez executada a marxe esquerda pasarase á dereita, desviando o tránsito peonil ás novas beirarrúas da marxe esquerda. Demolerase a beirarrúa, instalaranse as redes soterradas e reurbanizarase coas calidades proxectadas. A obra rematará co asfaltado, a execución de pasos de peóns sobreelevados ao inicio e final do treito (aproximadamente cen metros) para calmar o tráfico, a colocación de luminarias e mobiliario urbano e a sinalización vertical e horizontal.

Hai que lembrar que o proxecto para reformar José del Río José del Río tivo que ser reformado para adaptarse aos novos criterios da Deputación de Pontevedra, que establecen que as novas beirarrúas deben ter en todos os casos 2,5 metros de largo. Así mesmo, incluíuse a construción dunha pasarela peonil para dar continuidade á beirarrúa esquerda sobre o río. No proxecto tamén se apostou por renovar o saneamento para evitar verquidos no colector do río Lameira e reconstruiranse as acometidas das vivendas conectadas á rede actual, cunha rede nova de abastecemento de auga cun ramal por cada lado da rúa.

Deja un comentario