+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO ADXUDICOU AS “OBRAS DE RESTAURACIÓN E REPARACIÓN DO ENTORNO DO CRUCEIRO NO CEMITERIO SAN CRISTOBAL DE MOURENTÁN”


Á vista do expediente que se tramitou en xuño de 2017 perante o Servizo de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de 5.929,00 € para a actuación denominada “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”, no marco das bases de subvencións para a rehabilitaci´n e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o 2017 publicadas no BOPPO do 1 de xuño de 2017.
O concello de Arbo. adxudicou as “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”, na contía de 5.929,00 €, IVE do 21% incluído. As obras consistiron na restauración e reparación do entorno do cruceiro no lugar da Ïgrexa en Mourentan, que polo deterioro sufrido nos últimos anos, supuña un perigo para os vecinos.

Deja un comentario