+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

A ALCALDESA INFORMOU POLO MIÚDO AOS VECIÑOS DA ‘ZONA CERO’ DO CONTRASTO SOBRE AS MEDIDAS DE SEGURIDADE QUE ESTARAN VIXENTES DURANTE AS OBRAS DE TENDIDO DA REDE DE ABASTECENTO


A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada do responsable da Policía Local, a enxeñeira xefe da obra e representantes da empresa que fará os traballos da abastecemento na ‘zona cero’ do barrio do Contrasto, mantivo este venres unha xuntanza cos veciños desta zona, para explicarlles polo miúdo cómo se acometerán os mesmos, cando durarán e qué medidas de seguridade haberá que seguir durante a súa realización.
A obra, que abrangue a colocación das canles de abastecemento nun camiño de 600 metros lineais, estará dividida en tres treitos: o primeiro, de 250 metros, o segundo de 200 e o terceiro de 160 metros, que estarán cortados ao tráfico-agás aos residentes- durante un período de tres semanas, como máximo, que ó que se estima que durarán os traballos.
O avance das obras será de entre 40 e 60 metros ao día e mentres as foxas estean abertas non estará permitido o acceso nin aos veciños, aínda que a empresa comprométese a que os treitos que se abran ao comezo da xornada estean pechados ao final da mesma, de xeito que os residentes desta zona poidan entrar e saír das súas casas, sen risco, a diario.
Para garantir a seguridade, e dado que as altas temperaturas ás que terán que traballar elevan as posibles emisións de lindano, os operarios realizarán vestirán ‘buzos’ e levarán equipos de respiración autónomos; as foxas abertas pecharanse cada día e mentres estean a realizarse as tarefas de tendido da rede de abastecemento as casas deberán ter as portas exteriores e as fiestras pechadas.
As obras comezarán a principios da semana que ven, última do mes de agosto, ás 8 da mañá de cada día; nos primeiros 250 metros de actuación está previsto un avance diario de 60 metros, con tres acometidas, tendo en conta que os traballos poden verse limitados pola existencia doutros servizos soterrados, como os de telefonía ou electricidade, a accesibilidade veciñal e a exposición dos equipos de respiración autónoma.

Deja un comentario