+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN INVESTIRÁ 55.000 EUROS EN OBRAS DE MELLORA NOS COLEXIOS PÚBLICOS DO MUNICIPIO


Pintado de aulas, axardinamentos ou renovación de peches perimetrais, entre os traballos que está a emprender actualmente o Concello e que foron demandados dende a dirección dos centros
O Concello de Nigrán investirá 55.000 euros en actuacións de mellora en seis centros públicos do municipio (CEIP Casares de Vilariño, CEIP Mallón de San Pedro, CPI Dunas de Gaifar de Panxón, CEIP da Cruz en Camos e CEIP Humberto Juanes en Nigrán) co obxectivo de que boa parte das obras estén rematadas cando se inicie o curso en setembro. O goberno esgotará a partida de 30.000 € adicada a este fin e, a maiores, levará a Pleno unha modificación de crédito de 25.000 euros ao detectarse novas necesidades nos centros educativos. Estas actuacións nos colexios públicos de Infantil e Primaria do municipio foron levadas a cabo na súa maioría por operarios municipais e beneficiarán a máis de 2.000 alumnos.
«En tódolos casos se trata de reformas moi necesarias que se reclaman dende a propia dirección dos centros e que, na medida do posible, se realizan durante o verán co obxectivo de non entorpecer para nada o curso escolar. Cando arrancamos este goberno a partida era de 5.000 euros que nos fomos multiplicando exponencialmente ano a ano «, explica o alcalde, Juan A.González.
Así, no CEIP da Cruz (Camos) contémplase pintado de aulas, reparación do peche perimetral e sustitución das canaletas de recollida de augas. A parte contratouse o axardinamento e acondicionamento de boa parte do patio exterior.
No CEIP Carlos Casares de Vilariño a artista Lula Goce levou a cabo en abril o pintado da súa fachada cun gran mural alusivo ao escritor que da nome ao centro e que residiu nesta parroquia. Ademais, plantáronse 40 castiñeiros nunha parcela anexa ao centro e que se engadirá o recinto no xa bautizado como ‘Souto Carlos Casares’. Finalmente, operarios municipais pinarán as aulas e repararán o peche perimetral.
No CEIP Mallón operarios municipais están actualmente ampliando o comedor escolar engadindo a este espacio un aula anexa en desuso. O mobiliario exterior do centro será renovado, así como o canalón de recollida de auga.
No CEIP Humberto Juanes de Nigrán rehabilitouse en febreiro a súa pista multideportes exterior mediante a reposición do formigón, pulido e pintado posterior, ademais de crear ramplas accesibles. A maiores, durante este periodo de vacacións pintaranse aulas e crearase coa colaboración da ANPA e dirección do centro un novo xardín de lecer. Asemesmo, o Concello renovou o peche perimetral creando ao seu carón un sendeiro peonil de acceso ao centro totalmente seguro.
Finalmente, na Escola Infantil Dunas pintáronse as aulas e renovarase toda a instalación eléctrica co obxectivo de aumentar a potencia.
«Apostamos pola ensinanza pública e asumimos cada verán obras de mellora co obxectivo de non crear incomodidades durante o curso», resume o alcalde.

Deja un comentario