+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O PENEDO TEIMPORTA VOLTA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE JJPP ACARIÑANDO O PODIUM E CUN BRONCE


Esta fin de semana tivo lugar no río Esla, ao seu paso por Alejico (Sabero), o Campionato de España de Jóvenes Promesas. Nas clasificatorias do sábado, os nosos realizaron un gran traballo, confirmando o pase as semifinais os seguintes padexeiros:

Paula Ricón pasou en k1 e c1
Joaquín Tajes paosu en c1
Hugo Ricón fixo o propio en c1
Na tarde do sábado, tería lugar a competición por equipos. As nosa patrulla femenina infantil galega de c1, na que Paula participou, conseguiron ser cuartas. Joaquín, pola súa banda, na patrulla masculina de c1, conseguiu o bronce. A gran actuación da armada galega permitiulle a Federación Galega de Piragüismo ser Subcampiona de España, sendo só superada pola Comunidade Vasca e impoñéndose a poderosa Comunidade Catalana, federación de gran nivel e tradición.

Na xornada do domingo, nun novo e máis esixente trazado, tiveron lugar as semifinais e as finais do Campionato de España. Despois dunha gran actuación na semifinal, Joaquín lograría un meritorio cuarto posto nunha apretada final. Paula, a pesar de ter que remontar a porta tres e cometer unha penalización de 50 segundos na última porta, foi quen de traer para Galicia a medalla de bronce; unha gran actuación para a nosa xoven deportista infantil de primeiro ano , vencendo a dificultade do trazado así como a forza da esixente canle de aguas bravas do río Esla.

Estes grandes resultados, xunto o esforzo de Hugo Barros e Lola Ricón, permitíronlle ao Penedo Teimporta finalizar o Campionato de España moi preto do podium , habendo só unha diferencia de 15 puntos co terceiro clasificado, sendo finalmente quintos!!!!

Deja un comentario