+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

CONCELLO DE BAIONA INICIA AS OBRAS NO CAMPO MUNICIPAL DO ARAL E AMPLÍA A RENOVACIÓN COA REFORMA DA BANCADA E A INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN LED


Obras de renovación integral do campo municipal de O Aral. Mellorarase a prestación do terreo de xogo coa colocación dunha base elástica de cortiza natural cun espesor de doce centímetros, o que achegará unha maior seguridade para os deportistas en caso de caídas. Ademais do terreo de xogo, tamén levará a cabo a remodelación da superficie da pista de atletismo que circunda o campo, con material de última xeración.
O Concello de Baiona suma ao proxecto inicial de renovación do Campo Municipal do Aral a reforma da bancada e a instalación de iluminación LED. O proxecto inicial contemplaba a mellora tanto o terreo de xogo (6.000 metros cadrados) como a pista de atletismo (2.000 metros cadrados) cunha base elástica que previrá lesións, pero desde o Concello queren ir máis aló e apostan por unha reforma integral das instalacións polo que tamén actuarán na zona de bancada e na iluminación.
A aposta do goberno local pola mellora do campo confírmase ao destinar os fondos do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra e #revalidar ao incluír á remodelación completa da pavimentación, así como o céspede e a pista de atletismo, a instalación de iluminación led e a reforma da bancada. O proxecto total supón un investimento de 245569,04 euros. A empresa adxudicataria do proxecto é MECANO SPORT SL e ocuparase tamén do mantemento durante oito anos.
«Trátase dunha reforma integral necesaria, é unha renovación a fondo para mellorar unha das instalacións máis utilizadas polos veciños, especialmente por menores das escolas deportivas municipais e clubs de categorías inferiores, e queremos que siga funcionando ao máximo rendemento. Por este motivo quixemos dar un paso máis aló e incluímos no proxecto a instalación de iluminación led e a mellora dos asentos na bancada», apuntou o alcalde, Ángel Rodal.
Así, engádese ao proxecto a instalación de butacas na bancada, unha renovada bancada que cumprirá con todas as esixencias en aspectos como a visibilidade, a seguridade e a accesibilidade.
Os asentos serán acollidos con gran entusiasmo polos afeccionados do Erizana C. F, así como o resto de afeccionados que acoden a gozar dos diversos eventos deportivos que se celebran no recinto. Así mesmo, instalaranse despachos de billetes pois ata agora carecían delas.
Outro punto importante é a instalación de iluminación LED focos grandes da contorna A tecnoloxía LED é máis ecolóxica, máis respectuosa co medio ambiente. Isto fai que o seu proceso de reciclaxe sexa máis sinxelo e respectuoso co medioambiente. Así mesmo, o baixo consumo de enerxía da tecnoloxía LED tradúcese nun aforro importante tanto do consumo como das emisións de CO2 e xofre. Desta maneira o Concello prosegue coa súa política de aforro enerxético. Tamén se instalará un marcador electrónico.
Esta será o primeiro investimento de envergadura que se realiza neste campo histórico que foi construído fai once anos, polo que o céspede atópase no tempo de máxima de idade, e o goberno local planificou as reformas para que continúe a ser o campo de referencia. Durante esta década, o Aral converteuse na infraestrutura deportiva máis utilizada polos veciños de Baiona e unha das máis demandadas da provincia. A súa situación no centro da Vila favorece que tanto un dos equipos de referencia como as Escolas Deportivas Municipais, fagan uso das instalacións.
O Goberno local e directiva do Erizana F. C., un dos principais usuarios do campo municipal de fútbol, analizaron conxuntamente as necesidades do club e das instalacións para decidir cales serían as reformas para levar a cabo.
O Concello de Baiona tamén dotou ao campo de O Aral con urinarios públicos para os usuarios alleos ao club que frecuentan a zona e para os espectadores que acoden aos partidos, unha petición moi demandada tanto polo club como polos veciños, que o Concello liquidou recentemente.

Deja un comentario