+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

LUISA PIÑEIRO LAMENTA O RETRASO E A FALLA DE INFORMACIÓN NA MELLORA DA ESTRADA EP-0018 AMIL-ESPEDREGUEIRA POR PARTE DA DEPUTACIÓN


A alcaldesa declárase “asombrada” de que o BNG lle pida dilixencia “cando o Concello non ten que facer trámite algún para esta obra”

 

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, lamentou na xornada de hoxe “o retraso e a absoluta falla de información” por parte da Deputación de Pontevedra con respecto ao proxecto de mellora da estrada provincial EP-0018 Amil-Espedregueira e declarouse “asombrada” de que o grupo municipal do BNG lle pida dilixencia e rapidez ao Concello para que se acometa este proxecto “cando a administración local non ten que facer ningún trámite e carece de competencias e da titularidade para a realización de xestións para esta obra”.

A rexedora local revela que cursou senllas solicitudes de acondicionamento desta vía, especialmente pola súa perigosidade nas zonas de Outeiro e Barro, en decembro de
2015 e en novembro de 2016, pero non obtivo ningunha resposta. Posteriormente, en setembro de 2017 recibiu un mail dos técnicos da Deputación no que se lle adxuntaba un simple plano da mellora proxectada. “Non rexistro do Concello non entrou nada e do proxecto xa nin falamos”, lamentou Piñeiro.

Malia esta ausencia de información e ante a petición de colaboración, a alcaldesa atendeu unha solicitude telefónica para que xestionase os terreos cos propietarios e mantivo unha xuntanza na que só puido ensinarlles o plano, un documento que considera “moi incompleto para un proceso destas características”.

“É a Deputación a que ten que xestionar os terreos porque é unha obra da súa competencia e ao goberno de Moraña non lle corresponde facer o seu traballo, pero aínda así reuninme cos afectados, que queren unha indemnización polos terreos ao igual que sucedeu na mellora da estrada Mané-Rebón”, explicou Piñeiro, que engadiu que trasladou esta resposta aos técnicos e incluso facilitoulles os teléfonos dos propietarios porque non tiñan os seus contactos.

“Como non son capaces de chegar a acordo cos donos das parcelas van ter que recurrir á expropiación, que loxica e lamentablemente adiará a obra, pero a responsabilidade única e total é da Deputación. O que non se pode é botar ningunha

Deja un comentario