+034 986 09 02 04 Xoves 12 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN REÚNE A 150 NENOS NOS DEZ CAMPUS DEPORTIVOS ORGANIZADOS COS CLUBES DO MUNICIPIO


O campus de vela e piragüismo puxo fin á programación especial de verán

O Concello de Nigrán reuniu este verán a un total de 150 nenos e adolescentes nos dez campus deportivos organizados xunto aos clubes do municipio co fin de ofrecer unha actividad de lecer saudable e unha fórmula de conciliación laboral para as familias. Como novidade, este ano incorporouse por vez primeira o de patinaxe e o de deportes náuticos, campus este último que pecha a programación especial de verán e que o alcalde e o edil de Deportes visitaron.
Cunha duración cada un de 5 días, o Concello arrancou a programación o 26 de xuño con Surf a cargo de Prado Surf (14 inscritos), tenis co Club de Tenis Nigrán (11 inscritos), baloncesto co Club Baloncesto Nigrán (41 inscritos, o máis numeroso), futbol sala co Panxón Nigrán (20) , multideporte e animación (21), fútbol coa E.D.Val Miñor (17) e, por vez primeira, organizouse un de patinaxe do 20 ao 24 de agosto (12 inscritos) e dous de vela e piragüismo a cargo do Náutico de Panxón e que reuníu a 20 nenos.

Deja un comentario