+034 986 09 02 04 Luns 19 de Novembro de 2018

MARTA MÍGUEZ DESTACA A BAIONA COMO UNHA POTENCIA DA VELA GALEGA QUE CONTA CON “GRANDES DEPORTISTAS E GRANDES COMPETICIÓNS” NA PRESENTACIÓN DO 33º TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS


Salienta a importancia deste Trofeo que aposta por dous aspectos importantes como son a igualdade e a integración

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na presentación da 33ª edición do Trofeo Príncipe de Asturias organizado polo Monte Real Club de Iates de Baiona e a Escola Naval Militar de Marín.

Alí, a responsable do Deporte galego asegurou que a localidade baionesa conta con “grandes deportistas como Jorge Maciel, un dos pioneiros galegos da vela nos Xogos Olímpicos e con grandes competicións coma este Trofeo Príncipe de Asturias que desde 1986 xunta ao longo de tres días a todo tipo de embarcacións e actividades paralelas como encontros, charlas, conferencias, degustacións, festas ou fogos artificiais”.

A titular da carteira autonómica de Deporte salientou o Trofeo Príncipe de Asturias porque aposta por dous aspectos importantes como son a igualdade e a integración. Por unha banda, Marta Míguez subliñou a importancia da competición exclusivamente feminina ‘Hola! Ladies Cup’ e pola outra destacou o barco AXA Seguros cuxa tripulación está formada por alumnos do centro Juan María de Nigrán para persoas con discapacidade intelectual.

Tras destacar tamén a importancia da entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda que se leva facendo desde hai 25 anos, Marta Míguez citou aos presentes do 31 de agosto ao 2 de setembro en Baiona “para desfrutar do mellor deporte, da mellor contorna e dos mellores anfitrións”.

Deja un comentario