+034 986 09 02 04 Xoves 12 de Decembro de 2019

MAÍS DE 200 INTEGRANTES DO CLUB BALONMANO PORRIÑO PREPARADOS PARA AFRONTAR A TEMPADA 2018-2019 NA QUE O EQUIPO FEMININO DE DIVISIÓN DE HONRA SEGUIRÁ SENDO O SEU REFERENTE


 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, presidiu a presentación das distintas categorías do Club Balonmano Porriño para a tempada 2018-2019, na participarán máis de 200 xogadores e xogadores do club que, un ano máis, terá nas integrantes do equipo feminino de División de Honra, o seu referente.
No acto, que estivo precedido de distintos partidos de exhibición na Praza de Antonio Palacios, asistiron o concelleiro de Urbanismo, Comercio e Industria, Marcelino Coto, e a responsable de Educación, Lourdes Moure, ademais do presidente e adestrador do Balonmano Porriño Grupo Godoy Maceira, Abel Estevez, quen logo de amosar o seu orgullo por todas as deportistas e deportistas dos diferentes equipos de cada categoría, dende os máis pequenos e pequenas, ata os membros do plantel que xogará a 1ª división Galega masculina, agradeceu a colaboración do Concello e en especial “a sensibilidade da alcaldesa polo deporte feminino”. Estévez pediu que o apoio que presta o Concello ao Balonmano Porriño se manteña no tempo e que “este siga a ser o Concello do Deporte».
Eva García de la Torre agradeceu o traballo da directiva, das adestradoras e adestradores, das xogadoras e xogadores e salientou a aposta “constante, firme, serie e decidida” do Goberno local e a importancia de que teñen para a sociedade porriñesa as novas e novos deportistas.
Para a alcaldesa o deporte aporta “non so moitísimas satisfaccións a todos nós senón principios esenciais no desenrolo da personalidade” de cada cativo e cativa, valores entre os que subliñou o do esforzo, a entrega, o sacrificio, a solidariedade, a amizade ou o compañeirismo, “que forman parte do carácter do Porriño” e que contribúen a que sexamos “unha referencia en toda España no eido deportivo”.

Deja un comentario