+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA “ACONDICIONAMENTO DOS SENDEIROS DA MOURA E DAS PESQUEIRAS”


No marco de axudas a investimentos non productivos vinculadas a realización de obxectivos agroambientais e climaticos en Concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas con Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2017 da Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicada no DOG 10 de 15.01.2018 o Concello de Arbo recibe unha achega para acondicionar os Sendeiros da Moiura e Das Pesqueiras
O motivo das obras a realizar e o estado actual dos sendeiros, que os incendios do queimaron unha superficie de 1000 hectáreas no territorio do Concello de Arbo. A ruta viuse afectada en máis de dous terzos da súa extensión. A parte da ruta que discorre próxima a zona Rede Natura, no río Deva, e onde a vexetación de ribeira autóctona ten maior presenza, non se viu afectada. Ao longo de todo o sendeiro existian marcas de pintura, sinais, frechas de madeira e outras pequenas infraestruturas de madeira, como o miradoiro do Coto da Moura sobre a cunca do Deva. Como consecuencia do incencio a maioria dos elementos de sinalización resultaron danados o que fai complicado continuar o trazado da ruta.
Según explica o alcalde do Concello, Horacio Gil, as obras consisten na instalación dun panel interpretativo acerca do Sendeiro da Moura. Sinalización do Sendeiro da Moura con marcas de Pintura, instalación de balizas de sinalización verticas nos tramos nos que se considere preciso, instalación de postes de sinalización direccional vertical, que indiquen o nome e a distancia ao recurso que sinalizan, instalación de infraestruturas de madeira nos tramos que sexa preciso, como escaleiras ou pasarelas e traballos de adecuación do sendeiro: roza e retirada de especies invasoras e mellora de caixa no camiño. Algunhas partes do sendeiro xa foron reparadas pero todavía existe algunha zona que quedou pendente. Tamen informa que o concello de Arbo estase convertendo nun referente turistico e tanto os sendeiros, como outras zonas de interese como son as pesqueiras, as praias fluviais ou outros elementos patrimoniais son cada vez máis visitados e agradece a todos e todas os visitantes que se achegan a Arbo a contemplar os nosos recursos e anima aos que non o fixeron que non perdan o tempo e o fagan xa, porque calquera estación do ano e boa para visitar o noso Concello.

Deja un comentario