+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO REALIZA OBRAS PARA A MELLORA E SEGURIDADE DOS VECINOS E VECIÑAS DO CONCELLO


O concello de Arbo esta realizando unha serie de melloras para garantir a seguridade dos vecinos e veciñas de Arbo. Seguindo o plan de mantemento e melloras de estradas e espazos municipais o concello acaba de rematar a obra de Mellora na Estrada de A Granxa – Arbo, donde as obras consistiron na recollida de augas pluviais, colocación de tuvos e peche de cunetas, as mesmas obras foron realizadas tamén no lugar de Eidos de Abaixo na parroquia de Sela. No barrio de Barcia colcouse unha varanda na Capela de San Roque para maior seguridade, durante o mes de xullo realizaronse bacheados en todas as estradas con esa necesidades, procedeuse a limpeza do Parque empresarial con unha empresa externa, asi como dos camiños que non poden ser limpos cos medios e persoal municipal. En todas as parroquias estanse tomando as medidas necesarias para que os Arbenses teñan unha mellor calidade. Tamén se colocaron novos colectores e se implantou a recollida en zonas que antes non había. Encenderonse novos puntos de luz… entre outras moitas obras
Con este tipo de obras, o Concello de Arbo, pretende dar cobertura a demanda dos vecinos e veciñas de Arbo, según manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil Exposito. O rexidor informa que dende a súa chegada o Goberno son moitas as obras que se realizaron en Arbo, debido a falta de mantemento e paralise do anterior gobernó. Tamen informa que en breve se adxudicaran novas obras para dar cobertura as demandas dos vecinos.

Deja un comentario