+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

O PP DE PONTEAREAS INICIA O SEU CURSO POLÍTICO POÑENDO CARA Á PERSOA QUE LIDERARÁ A PRÓXIMA CANDIDATURA LOCAL


O vindeiro sábado, 15 de setembro, celebrarán o inicio do curso político nun acto ao aire libre aberto para todos os afiliados

O PP de Ponteareas celebrará o vindeiro sábado, 15 de setembro, o seu propio inicio de curso político.
O acto forma parte do calendario que a actual presidenta, Belén Villar, e o seu equipo directivo han trazado para recuperar a confianza do afiliado e de todos os votantes que se puideron ver desencantados coa formación política nos últimos anos.
“Nos últimos meses demos resposta a unha das queixas máis comentadas dentro da nosa formación, intensificando o contacto co afiliado e tamén co resto de veciños do municipio. Queremos ser un partido máis accesible e que se coñeza o traballo que estamos a realizar. Por iso decidimos ter o noso propio inicio de curso político cun acto multitudinario”.

Ademais de dar inicio ao novo curso, prevese que sexa presentada a persoa que vai encabezar a candidatura nas próximas eleccións municipais de 2019.
“Aproveitamos o novo curso para traer os deberes feitos e non pospoñer máis esta presentación. Cremos que é necesario que se confirme xa a persoa que vai liderar todo o traballo, os meses pasan moi rápido e hai que aproveitar ao máximo o tempo para dar a coñecer o noso proxecto”.

O evento terá lugar ás 18.30 h no parque Ferro Ucha (Rúa Trobador Xoán García de Guillade) e contará coa presenza de varios dirixentes populares.

Deja un comentario