+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

A DEPUTACIÓN APROBA DÚAS NOVAS ACHEGAS POR VALOR DE PRETO DE 10.000 EUROS PARA DOUS CONCELLOS DA PROVINCIA AO ABEIRO DA LIÑA 2 DO PLAN CONCELLOS


Gondomar e Cerdedo-Cotobade recibirán achegas para gastos correntes e financiamento de actividades

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 9.685 euros destinadas a Gondomar e Cerdedo-Cotobade ao abeiro da liña 2 do plan concellos, cuxa finalidade é realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo, Gondomar vaise beneficiar dunha achega por valor de 3.885 euros que destinará a financiación do gasto corrente novo “Gladiator Kids”, unha aventura gladiadora para os máis pequenos do lugar.

Por outra banda, Cerdedo-Cotobade recibe unha axuda do goberno de Carmela Silva de 5.800 euros para financiar a actividade “Campalledo 2018”.

A Deputación de Pontevedra pon este ano a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 2 do Plan Concellos, preto dos catro millóns de euros.

Deja un comentario