+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

A COMARCA DE VIGO ACOLLE ESTE MES DE SETEMBRO 21 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA “SMARTPEME”


O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de setembro un total de 21 accións formativas (sete en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

Na oficina de Vigo os cursos comezan este martes, 4 de setembro, ás 19:00 horas con “Linkedin: a túa rede de networking”. A seguinte acción será “Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais”, o xoves 6 á mesma hora. O curso “Crea unha páxina profesional con WordPress” chegará a Vigo o martes 11 ás 18:00 horas. O seguinte martes 18 de setembro, ás 19:00 horas, impartirase “Plan de marketing online para empresas turísticas”. O xoves 20 de setembro será a quenda de “Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio”, ás 19 h. O seguinte martes, 25 de setembro, á mesma hora celebrarase a acción “Crea un plan de marketing para a túa campaña de Navidade”. Para rematar, o xoves 27 á mesma hora, terá lugar o curso “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas”. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas”, este martes 4 ás 19:00 horas. A seguinte será “Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog”, o xoves 6 á mesma hora. A ela seguiralle “Linkedin: a túa rede de networking”, este curso será impartido na sede da Asociación de Empresarios de Mós (AEMOS), o mércores 12 ás 19:00 horas. O martes 18, ás 18:00 horas, impartirase o curso “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por internet”. A formación “Estratexias de marketing para a túa empresa” chegará o xoves 20 de setembro ás 19:00 horas. O martes da seguinte semana, 25 de setembro, ás 19:00 horas terá lugar o curso “Fotografía básica I: Técnica e cámara”. Xa por último, o xoves 27, ás 19:00 horas, “Crea un plan de marketing para a campaña de Navidade” será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

Finalmente, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: martes 4 de setembro, ás 19:00 horas, co curso “Estratexias de marketing para a túa empresa turística”. “Mellora a túa páxina web e posicionala en buscadores” chegará o martes, 11 de setembro. A acción “A importancia da presenza online para as empresas” terá lugar o xoves 13 de setembro, ás 19:00 horas na sede da ACUBAM en Tomiño. O martes 18, á mesma hora, será a quenda de “Crea un plan de marketing para a campaña de Navidade”. O xoves desa mesma semana, tamén ás 19:00 horas, impartirase o curso “Fotografía básica I: Técnica e cámara”. A acción “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas” será o martes 25 de setembro, tamén ás 19:horas. E, por último, o xoves 27 de setembro á mesma hora terá lugar “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

“SmartPeme” desenvolve este ano novas carteiras de servizos co obxectivo de continuar axudando ás empresas da provincia a ser máis competitivas na contorna económica actual. O programa abre tres novas grandes liñas: o “Centro Provincial de Economía Dixital” (CPED), no viveiro de empresas de Barro, “SmartPeme Impulsa” e “TurisTIC”.

Deja un comentario